Miño Radikal

Esta é unha prova deportiva diferente. Trata-se dunha carreira con obstáculos, lama, charcos e barreiras que há que superar. É super cansa e super divertida. Fai-se nas beiras do rio Miño xusto á beira da ponte vella de Ourense. A solución gráfica foi xuntar os dous conceitos protagonistas: a ponte vella e a carreira de obstáculos.

Colección Chave Mestra

Chave Mestra é unha colección que recolle sons de artistas populares fundamentais para entender a música e o folclore da Galiza actual. O volume está composto por un estudio histórico, un musical (coas suas correspondentes partituras) e unha escolma de temas do artista nun cd anexo.

Cliente: aCentral Folque | DA: Ramon Pinheiro – Ricardo Cabanelas

Repente Galego

Este traballo é froito dunha longa investigación sobre as manifestacións orais improvisadas no territorio galego. Recorre desde os tempos remotos até a actualidade cun estilo fresco e actual. Alén do estudio histórico, o libro inclue estudios sobre as melodias. Isto traduciu-se en que van incluidas partituras. O desafio de design foi dar-lle un tratamento áxil e moderno a este traballo e que fora cómodo de ler.

Cliente: aCentral Folque | AD: Ramon Pinheiro – Ricardo Cabanelas

Correndo x Ourense

Correndo por Ourense é un circuito de carreiras populares que traslada o deporte a multitude de barrios de Ourense. Xuntan-se familias, escolares e amigos que corren xuntos no seu barrio. A premisa neste traballo é dar-lle un carácter moi apegado á imaxe de Ourense e transmitir que o deporte pode-se facer en cualquer lugar da cidade. Neste caso tambén há que adaptar a imaxe a multitude de soportes: mupis, cartaz, banners redes, folleto, lonas…

Bolcheviques

Bolcheviques é un libro editado conxuntamente entre as editoriais Xerais e Através. Son dous volumes coordenados por Teresa Moure. Un dos volumes vai en normativa ILG-RAG e o outro en galego-português. O desafio era que ficara claro que era unha só obra mas en dous volumes e en duas normas. A solución foi facer que unha só imaxe que continuara nos dous volumes.

Carreira de San Martiño

A carreira de san Martiño é un evento especial en Ourense. Celebrada durante máis de 40 anos, é a carreira pedestre mais antiga de Galiza e unha das mais numerosas. O traballo consiste en definir a imaxe xeral e adapta-la a múltiples soportes: folleto, banners de redes sociais, camisetas, dorsal, arcos de meta…